www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Soutomaior celebra a IV Festa da Familia con inchables, tobogán acuático e festa da espuma
Sociedade • 9/08/2017
Autor: Ana Prieto

O Peirao de Arcade encherase esta tarde de xogos e actividades na IV Festa da Familia organizada polo Concello de Soutomaior. Unha tarde na que non faltará a clásica festa da espuma para nenos e maiores, castelos inchables e atraccións mecánicas e acuáticas, ademais de moita música.


A festa comezará a partir das 17:00 horas na chaira do Peirao de Arcade, onde se instalarán as atraccións inchables e acuáticas, como as de Harry Potter ou o barco pirata. Ao seu lado, ata tres atraccións acuáticas axudarán a soportar mellor a calor do verán. Os maiores contarán este ano cunha proposta específica para eles, o divertido xogo da varredora mecánica, onde terán que pór a proba a súa astucia para librarse da caída. Todas as atraccións contan con música e monitores especializados. Como todos os anos, outra boa forma de refrescarse será a tradicional festa da espuma, sobre todo para os adultos que tamén poderán gozar cos seus fillos debaixo do canón de burbullas. Con esta actividade porase punto e final ás máis de 4 horas de diversión en familia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: