www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Agosto de 2017

O Choco supera ao Coruxo en Santa Mariña con goles de Antón Escobar e Ricar
Deporte • 10/08/2017
Autor: Ana Prieto

Dous dos xogadores máis novos dos que onte tiveron minutos no campo de Santa Mariña foron os responsables da vitoria redondelá. Foi no amigable máis importante da pretemporada, o que enfrontaba ao Choco e ao Coruxo, co conxunto de Terceira división superamdp a todo un Segunda B por 2-1.


Choco 2-1 Coruxo


Os do Vao adiantáronse no marcador, pero os de Marcos Montes déronlle ao resultado logo de dominar o xogo e xerar máis ocasións, sobre todo na segunda metade. Antes do descanso o encontro tivo altibaixos, ata que chegou o gol do Coruxo, por medio de Campillo. Logo do paso polos vestiarios chegaron os cambios e tamén o xogo mudou. Os máis novos do Choco cobraron protagonismo, con todo, antes foi clave o veterano porteiro Cortegoso, que evitou unha clara ocasión de Rafa Mella. Na seguinte acción de ataque, foi Antón Escobar o que recolleu un balón en longo e superou a Sergio. Co partido igualado, o Choco tivo máis ocasións que o equipo vigués, ao que non lle sentaron ben os cambios. Logo Ricar entrou por Escobar, que gañou un balón en longo e superou a Sergio. Aínda hoibo outra ocasión para o extremo Óscar Chiqui, pero non acertou no man a man. O partido rematou co 2-1 para os redondeláns malia os intentos de empate do Coruxo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: