www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Diversión e aprendizaxe no Campamento de Verán do Centro Cultural Deportivo de Cesantes
Sociedade • 10/08/2017
Autor: Ana Prieto

Co gallo de concicliar a vida familiar e laboral, o C.C.D. Cesantes organiza este mes de agosto un campamento para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos, para o que aínda quedan prazas. A inscrición pode facerse por semanas ou quincenas.


O campamento de verán celébrase nas propias instalacións do C.C.D. Cesantes, en horario de 9.30 a 13.30 horas. Jorge Rodríguez, presidente da asociación, explica que os monitores titulados organizan actividades lúdicas e didácticas, como manualidades e talleres creativos, xincanas, xogos, cursos de cociña, e procuras do tesouro, entre outras. Un bo xeito de que os rapaces pasen unhas mañás entretidas e recuperen a rutina dos horarios unhas semanas antes da volta á escola. O prezo da actividade é de 65 euros para todo o mes, pero os nenos poden inscribirse tamén por semanas oun quincenas. O prezo da actividade para unha quincena é de 35 euros, con tarifa reducida a 32 euros no caso de que sexan varios irmáns. Poden consultar toda a información na sede do centro cultural, a través do correo ccdcesantes@gmail.com, ou no teléfono 637.559.869.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: