www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Agosto de 2017

O BNG de Soutomaior denuncia o abandono da ponte de Comboa e demanda a súa recuperación
Política • 11/08/2017
Autor: Ana Prieto

O grupo municipal nacionalista presentou unha moción no Concello de Soutomaior para recuperar a ponte de Comboa, monumento de orixe romana con modificacións medievais.  Demandan a limpeza da zona, chea de silveiras, e a instalación de paneis informativos.


A proposta do Bloque demanda das administracións autómica e local a limpeza e recuperación da ponte, xa que na actualidade se atopa en estado de abandono e "devorada polas silveiras" . Critican que os responsables políticos teñan este importante monumento histórico "nun estado de abandono evidente". O voceiro do BNG Manu Lourenzo denuncia que a vexetación cubre as dúas entradas e os piares das dúas ribeiras. Lamenta que “unha vez máis un monumento único, que debería servir para atraer turistas e riqueza ao concello, fica nun estado de abandono incomprensible. A moción dos nacionalistas contempla actuacións de limpeza nas ribeiras para protexer a ponte e a instalación de paneis informativos. Tamén demandan unha actuación sobre a contorna para recuperar os accesos, e que poñan en valor o monumento e a súa contorna, utilizado sistemáticamente como "vertedoiro". Na contorna acumúlanse restos de poda, cascallos e mesmo de postes da luz, segundo denuncia Lourenzo.  O edil do BNG entenden que a


defensa do patrimonio e a recuperación da Ponte de Comboa é algo que debe estar "por riba de calquera discrepancia política", por iso a súa intención é acadar un acordo de todos os grupos "para que os veciños de Comboa e de todo o concello non teñan que seguir padecendo esta situación.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: