www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 24 de Novembro de 2017

Redondela licita o contrato de redacción para o proxecto de urbanización da Finca da Ginaria
Institucional • 30/08/2017
Autor: Ana Prieto

O Concello de Redondela vén de publicar no seu perfil do contratante a licitación da contratación da redacción do proxecto de urbanización da Finca da Ginaria, en Chapela. Trátase do paso previo á contratación das obras que permitirán que o novo CEIP Igrexa teña os accesos axeitados e todos os servizos necesarios para o seu correcto funcionamento.


O actual colexio Igrexa, en Chapela, está afectado pola ampliación da autoestrada AP9. A solución dada por parte das administración é a construcción dun novo centro de ensino na coñecida como Finca da Ginaria. O paso dado agora polo Concello supón a licitación do contrato de redacción para urbanizar esa parcela. A licitación inclúe a dirección facultativa e a coordinación de seguridade e saúde. Desde o goberno local explican que a súa intención é levar a cabo todos os pasos necesarios de forma coordinada para que unha vez que estea autorizado o cambio de calificación dos terreos se poida comezar coa construción do colexio "de xeito inmediato". Este cambio nos usos dos terreos destinados ao novo centro de ensino realizarase a través da Lei de Medidas Urxentes. Deste xeito o Concello pretende reducir os plazos de realización da obra "o máximo posible". O orzamento para a redacción deste proxecto é de 27.225 euros. A previsión do custe de obra ronda os 500.000 euros. O prazo para a presentación das ofertas remata o día 6 de setembro ás 14.00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: