www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Setembro de 2017

Música folk, gastronomía e deporte na VII festa Popular Froles Mareliñas
Cultura • 7/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Fomentar a convivencia entre os veciños e ofrecer unha xornada de actividades variadas é o obxectivo da asociación Froles Mareliñas que organizan este sábado a VII festa popular que terá lugar na Alameda de Chapela e que inclúe citas deportivas e musicais cunha verbena a partir das 21:00 horas na que actuarán os grupos Choran As pedras, os Escaravellos e Mini e Mero.


Unha festa popular que a asociación organiza por sétimo ano consecutivo e que arrancará na mañá do sábado 9 con competición deportivas e coa presentación dos equipos do Club balonmán Chapela.


Ao mediodía terá lugar a comida popular  e xa pola tarde xogos popular para animar a sobremesa.


A partir das 21:00 horas arrancarán os concertos con presenza do grupo local Os Escaravellos, Choran as pedras e Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura, membros históricos de Fuxan os Ventos ou A Quenlla e que teñen colaborado activamente en diferentes actividades organizadas en Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: