www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Setembro de 2017

O Grupo Folclórico Anaquiños oferta un amplo abano de actividades en torno ao folk
Cultura • 12/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Un novo curso no que os interesados poderán inscribirse en baile tradicional, que comprende tres seccións: escola de baile para idades de 4 a 13 anos, grupo senior de 14 a 40 anos e grupo de veteranas (maiores de 40 anos), e gaita, percusión e pandeireta con clases de iniciación e perfeccionamento. Os interesados poden informarse no Multiusos de Chapela ou nos teléfonos 651 376 515 ou 699 047 608.


Estas actividades desenvólvense no Multiusos de Chapela e no colexio Igrexa, os mércores e venres. Todos os participantes destas actividades, forman parte e intégranse logo no grupo folclórico mediante a participación en actuacións por toda a comarca, Galicia, España e Portugal.


Por isto, invitamos a todos aqueles que gusten do baile, da música ou do canto tradicional, que veñan a participar con nós destas actividades, que están abertas a todas as idades e cuns prezos "anti-crise".


Outra das propostas á que poden acceder os futuros alumnos son as clases de encaixe de bolillos para todas as idades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: