www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 24 de Novembro de 2017

Escola de vela e deportes náuticos en Chapela
Cultura • 12/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Círculo Cultural recreativo da parroquia pon en marcha esta escola de vela e deportes náuticos que arrancará a súa andaina o vindeiro sábado 16 de setembro. Un novo proxecto que busca que os participantes poidan gozar do mar dunha forma saudable. Mais información de prezos e horarios no teléfono 986 45 15 56 o no correo electrónico escueladevela@chapela.org


A actividade impartirase en diferentes quendas que darán a posibilidade aos interesados en acceder a esta formación os sábados en horario de mañá e tarde ou os domingos entre as 10:00 e as 13:00 horas. Os grupos estarán divididos por idades, de iniciación ata os 12 anos e de perfeccionamento para o resto das idades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: