www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 26 de Setembro de 2017

A piscina municipal amplía a súa oferta para favorecer a conciliación da vida laboral e deportiva
Deporte • 12/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa Serviocio, encargada da xestión do centro deportivo, oferta ata o vindeiro 17 de setembro a matrícula gratuíta a todos os que se queiran facer socios destas instalacións. Os abonados ademais de achegarse a piscina e as clases de natación poden tamén acceder a unha ampla gama de cursos deportivos no seu ximnasio. Como novidade aquelas persoas que conten cun abono familiar poderán facer uso da ludoteca infantil de xeito completamente gratuíto.


Co obxecto de adaptarse ás necesidades dos seus usuarios e converterse nun centro de ocio e deporte, estas instalacións amplíanse cunha zona infantil, un espazo de 30 metros cadrados adaptados as necesidades dos nenos que permitirán aos abonados gozar dun servizo de ludoteca en horario de 5 a 8. De xeito gratuíto poderán deixar aos nenos ata un máximo de dúas horas nos que estarán atendidos por monitores.


Tam´ne se amplían as actividades ofertadas, e ademais de cursos de pilates, GAP, bodybalance ou bodypump haberá actividades específicas para os rapaces, que poderán seguir achegándose ás clases de natación pero amplían así o número de proposta orientadas aos máis pequenos como pilates infantil, baile ou heroican kids.


Unhas instalacións que contan cun público moi fiel pero que queren coa nova oferta, a que se pode acceder ata o vindeiro domingo día 17, atraer a novos abonados que facéndose socios neste período non terán que pagar a matrícula.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: