www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Unanimidade en Soutomaior a favor da construción da senda verde a Pontevedra
Política • 29/09/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O pleno do Concello de Soutomaior aprobou solicitar ao Ministerio de Fomento a construción da chamada "Senda Verde" ata Pontevedra. Un carreiro exclusivo para ciclistas e peóns que uniría as dúas poboacións a través do vello viario ferroviario, que actualmente se atopa en desuso.


A moción foi aprobada pola totalidade dos representantes municipais coa inclusión da modificación presentada polo Partido Popular e que propón ampliar esta senda verde ata Vigo.


Do mesmo xeito, o órgano de goberno de Soutomaior aprobou por maioría o novo regulamento do servizo de abastecemento de auga potable do municipio, unha regulamentación "que velará por garantir un servizo adecuado e de calidade para todos os veciños", afirmou o alcadle Agustín Reguera, e a modificación da ordenanza que regula as verteduras de augas residuais á rede de saneamento municipal.


Ademais, tamén se aprobou por unanimidade a proposta do BNG para solicitar ás administracións responsables da Ponte de Comboa distintos labores para o mantemento e recuperación da ponte medieval.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: