www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

O goberno local retira unha exposición do Colectivo Republicano por petición da policía nacional
Política • 2/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición "Criminalización do pensamento" organizada polo Colectivo Republicano non durou na entrada do Multiúsos da Xunqueira nin tan só dous días. As imaxes foron retiradas por mandato da Concellería de Cultura "a petición da Comisaría da Policía Nacional". As fotografías, recortes de xornais e a bandeira republicana que integraban a mostra permanecen custodiados nas oficinas da policía local.


A exposición era inaugurada o pasado día 27 e o obxectivo era que permanecera no Multiúsos ata finalizar o mes de outubro. A mostra está integrada por diferentes imaxes, seleccionadas polo fotógrafo Felix Cal, con referencias ás folgas e manifestación vividas en Redondela co gallo do peche da fábrica de Regojo, e recortes de xornais sobre os últimos fusilados polo réxime franquista con referencia especial a José Humberto Baena Alonso, vigués que foi fusilado no ano 1975 e que forma parte precisamente das últimas persoas executadas en España.


Os organizadores denuncian a retirada da exposición "como un acto de censura" e anuncian que todos os elementos que a conforman poderán verse proximamente noutro espazo. Critican o proceder do goberno local e concretamente da Concellería de Cultura por retirar a mostra a petición da policía nacional. Markos Lareira, do colectivo republicano engade que a única explicación que lle deron foi que  "os textos que acompañaban a exposición e que dicían "Isto pasaba no 1987 en Redondela" e "Estamos no 2017 e seguen a mallar en nós" eran ofensivos para a policía".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: