www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 17 de Outubro de 2017

BNG e PSOE cualifican de "caso grave de censura" a retirada da exposición do Colectivo Republicano
Política • 5/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG trasladou ao Parlamento a retirada da exposición "Criminalización do Pensamento" a través dunha xeira de preguntas nas que insta a ogoberno galego a poiscionarse ante a decisión do goberno de Javier Bas de retirar esta exposición. Unha decisión que dende o PSOe cualifica de "censura sen xustificación". O colectivo republicano recibiu tmaén o apoio das Marchas da Dignidade que amosaron a súa "máis enérxica repulsa a esta actuación do goberno por deixarse levar pola súa ideoloxía retrograda".


A retirada da exposición do Colectivo Republicano que recollía fotografías de conflitos sociais e bandeiras republicanas chega ao parlamento da man dos deputados do BNG. Os nacionalistas cualifican este feito de "caso grave de censura e represión da liberdade de expresión, que é máis propia doutras épocas históricas nas que a policía, a garda civil ou o exército impuñan a súa autoridade". Engaden dende o BNG que "a xustificación feita pública pola concelleira de cultura, no sentido de que se retirou a exposición para garantir a convivencia pon en evidencia a intolerancia e o sectarismo do goberno municipal" en referencia as declaracións de Teresa París na Radio Municipal de Redondela.


Entende que estamos ante un exemplo "da persecución de quen pensa diferente, un paso máis escalada reaccionaria e na involución ideolóxica que está a levar a cabo o Partido Popular". Ante estes feitos preguntan ao goberno galego se comparten a decisión do gobernó de Javier Bas, e se consideran "normal que a decisión se adopte por petición da policía, sen ningún fundamento legal".


Unhas críticas ás que se sumaba tamén nas últimas horas o PSOE quen denunciaron "o carácter provocador e censurador do goberno local que acaba de pechar a liberdade de expresión abrindo paso a un período censurador que nunca existiu nunha vila que foi sempre un exemplo de tolerancia a colaboración activa cos veciños".


Marchas da Dignidade


O Colectivo republicano ven de recibir tamén o apoio das Marchas da Dignidade que manifestaron "a nosa máis enérxica repulsa a esta actuación do goberno do Concello de Redondela por deixarse levar pola súa ideoloxía retrograda, respondendo así as súas ascendencias e herdanzas, das que tanto foxen, pero que están aí".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: