www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

A falta de orzamentos pon en risco a Conmemoración da Batalla de Rande
Política • 10/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Así o denuncia o PSOE quen asegura que o goberno local carece do orzamento necesario para asumir os custes da conmemoración da Batalla de Rande, prevista para o vindeiro 21 de outubro e que se leva realizando durante os últimos tres anos. Aseguran os socialistas que a día de hoxe, as partidas coa que se asumía dito evento están esgotadas.


Dende o PSOE apuntan como un dos posibles motivos da falta de orzamento "pola contratación externa dunha persoa afín ao PP para o Museo de Meirande. Persoal de dubidosa necesidade ao estar mediante axudas da deputación contratadas varias persoas para o mesmo edificio, sumando que o Goberno local non usou toda a partida do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra no referente á contratación de persoal para o concello de Redondela".


En decembro do ano pasado, o Goberno Municipal aprobou os orzamentos de 2016 na xunta de goberno local, a pesar de existir o aviso de que as partidas como a de limpeza estaban mal debido a que entraría un novo contrato que tería que incluír os novos espazos construídos como as pistas de pádel ou pavillón e consecuentemente, subiría o prezo en relación a outros anos. Esta falta de previsión de gasto máis á falta de traballo ao non elaborar uns orzamentos por parte do Goberno Municipal de Redondela, fai que o noso concello poda verse nunha situación comprometida.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: