www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

A SAR non defrauda na División de honra prata feminina
Deporte • 30/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo feminino da SAR continúa imparable e lograba unha nova vitoria esta fin de semana nun partido disputado no pavillón da Marisma. 37-29 foi o resultado dun encontro caracterizado pola velocidade e a inexistencia de defensa por parte do Magope Seis do nadal, pechacancelas do grupo. Continúan terceiras na clasificación e xogan na vindeira fin de semana no pavillón do Siero Deportivo.


O Cíes-Chapela tiña un partido complicado e nada puido facer no seu desprazamento a Canarias. Avultada derrota para o Cíes Obra Civil ante un Lanzarote Puerto del Carmen que segue como líder da  categoría logo da vitoria por 30-11. No pavillón de Chapela reciben na vindeira semana ao Magope Seis do Nadal.


Primeira nacional masculina


Segunda vitoria para o Magope a costa do Rodosa Chapela. 34-27 foi o resultado do encontro que relega ao Chapela ata a sétima praza. Na vindeira semana xogan na casa e reciben ao Cañiza, décimos do grupo.


Peor situación para a SAR, son decimo terceiros logo do empate 26-26 ante o Atlético Novas. Na vindeira semana xogan con outro equipo moi necesitado de puntos, o Lucero, penúltimos na categoría.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: