www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Un veciño de Soutomaior que conducía en dirección contraria presunto autor do accidente en Rande
Sucesos • 2/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O accidente producíase na madrugada de onte na ponte de Rande cando un Honda Civic que circulaba en dirección contraria colidía contra outro vehículo, un Volvo V-5 que circulaba correctamente. Presuntamente o condutor kamikace responsable do sinistro é un veciño de Soutomaior G.L.G. de 21 anos que resultou ferido grave e permanece ingresado no Álvaro Cunqueiro. O condutor do outro vehículo, un veciño de Cotobade de 45 anos foi dado de alta logo de pasar tamén polo centro hospitalario.


Un veciño de Soutomaior de 21 anos de idades atópase en estado grave despois de provocar un accidente na ponte de Rande ás dúas da madrugada de onte cando conducía en sentido contrario. O seu vehículo, un Honda Civi colidía frontalmente contra un Volvo V-50 que circulaba en sentido correcto en dirección a Vigo. A consecuencia do impacto os condutores de ambos os dous turismo quedaron atrapado sendo excarcerados polo bombeiros de Vigo e trasladados ao hospital Alvaro Cunqueiro. O condutor do Volvo natural de Cotobade foi dado de alta, mentres que o suposto Kamikace quedou ingresado grave.


Investígase agora o lugar no que o Honda Civic accedeu de xeito incorrecto á autoestrada así como cantos quilómetros tería circulado en dirección contraria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: