www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O espírito do Samaín espállase pola comarca con citas en Rande, Cabeiro e Soutomaior
Cultura • 3/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación Cultural e deportiva de Rande volve encher de festa as inmediacións do Meirande coa celebración dunha tarde noite de actividades que arrancarán ás 17:30 horas do sábado cun obradoiro de calacús no que todos os que se acheguen coa súa cabaza poderán participar.Haberá tamén para os máis pequenos xogos populares durante toda a tarde. Xa a partir das 19:30 terá lugar o tradicional magosto con castañas, chourizos, viño e refresco. Haberá tamén queimada e para amenizar a velada non faltará a música.


Magosto popular no centro cultural de Cabeiro coa participación de diferentes grupos de gaitas e pandereteiras de todo o concello e degustación de castañas asadas e chourizo acompañadas de viño tinto novo. Este sábado a partir das 17:00 horas organizado polo centro cultural en colaboración coas asociación de veciños e a comunidade de montes así como o concello e Abanca o programa inclúe as actuación dos grupos de gaitas de Saxamonde, Asubíos de Portocedeira, Airiño de San Simón de Cesantes así como Froles Mareliñas de Chapela, Tirapuxa de Trasmañó e as gaitas do Son do Castro de San Esteban de negros. Na festa participa tamén as pandereteiras Terra Meiga do Viso e as panderetieras de Lavadores. Xa de cara a noitiña actuará o grupo musical Los amigos del ritmo.


En Soutomaior e malia que nun primeiro momento as actividades estaban previstas para o sábado, decidiron por causa da previsión de choiva aprazalas para o domingo. Así as  actividades comezarán o día 5 a partir das 17.00 horas na Alameda de Talo Río en Arcade.


Haberá obradoiros de pócemas e beberaxes, maquillaxe, tunel do terror e moita troula e música a cargo do grupo de animación Troula cun espectáculo protragonizado por todo tipo de criaturas do máis aló que farán desta noite de samaín unha noite de medo pero tamén de diversión con zancudos tragalumes, demos, meigas, malabaristas, música e percusionistas.


Haberá tamén o tradicional magosto con degustación de castañas de balde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: