www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Diana Figueroa: "Oféndenos a proposta de Inditex, estamos moi unidas e imos seguir coa folga"
Sociedade • 3/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As 65 traballadoras das tendas Bershka da provincia de Pontevedra están a protagonizar unha folga que, malia o silencio de boa parte dos medios de comunicación, mantén as tendas pechadas dende hai xa nove días. Hoxe as traballadoras volveron mobilizarse diante da sede de Inditex en Arxeixo para reclamar melloras na súa situación laboral e que se equiparen os seus salarios co persoal da cadea téxtil en Coruña. Diana Figueroa, veciña de Redondela, e unha das traballadoras en folga.


A dirección da empresa malia acceder a abonarlles o plus de 80 euros do que gozan as súas compañeiras da Coruña, rebaixaba a tan só dez euros os 50 que demandan as traballadoras, unha proposta que non foi aceptada polo cadro de persoal.


Deste xeito, o paro indefinido chegou hoxe ao seu noveno día cun seguimento do 100%, co peche das cinco tendas da provincia e coas empregadas mobilizadas novamente diante da sede de Inditex en Arteixo.


Nas outras cuestións que se reclamaban (aumento do tempo de descanso, lactancia, vacacións, licenzas e permisos, incapacidade permamente, etc.) si que foi posíbel o acordo, pero as conversas rompéronse ante a negativa da empresa a equiparar salarialmente ao persoal das distintas provincias.


Non hai data para retomar as conversas aínda que as traballadoras confían en que a empresa ceda "para unha multinacional como Inditex aceptar as nosas demandas é calderilla. Suporía uns 16.000 euros anuais".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: