www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

A SAR Rodavigo consolida a boa racha
Deporte • 6/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Na división de honra prata feminina a SAR Rodavigo confirma o seu bo momento cunha nova vitoria no campo do Sieiro. Partido moi igualado que no descanso deixaba un punto de vantaxe á SAR ata chegar ao resultado definitivo de 23-25 para as redondelás, cuartas na categoría. Vitoria importante tamén para o Cíes Chapela que se impuxo ao Seis do Nadal por 26-21


A SAR recibe na vindeira semana ao Cleba León, situadas un posto por riba das redondelás. O Chapela pola súa banda xogará no Carballal.


Primeira nacional masculina


O Rodosa Chapela deixaba esta fin de semana un punto nun mal comezo da segunda parte. Logo de ter ventaxe de cinco goles permitiu que o Seaplast Cañiza empatara o partido e incluso varias veces se colocara por diante no marcado. 24-24 foi o resultado final dun encontro que deixa ao equipo de Chapela na sexta praza. Na vindeira xornada xogan na casa do Camariñas.


Pero situación para a SAR que se sitúa en postos de descenso. Son terceiros pola cola logo de perder ante o Luceros por 24-22.  Interesante partido o que disputarán na fin de semana no pavillón de Redondela, xa que reciben ao Teucro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: