www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Exposición de Manuel Seijas no Multiusos da Xunqueira
Cultura • 6/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A mostra pictóricas de Seijas permanecerá na Sala I do Multiúsos ata o día 2 de decembro. Pinto autodidacta, os seus cadros de inspiración realista, tanto a óleo como ultimamente a acuarela, inclúen variadas temáticas e motivos. Así atopamos figurativo, paisaxes, paisaxe urbana, pop art, mariñas, bodegón, naturezas de varios tipos e algún que outro retrato.


Manuel Seijas Fernández, naceu en Redondela no ano 1947, no Campo dás Redes, da familia da Rubinista (alcume da súa avoa), estudou nas escolas de Figueroa e, tras varios empregos, xubilouse sendo chofer.


Pintor autodidacta, de produción extensa e variada, a súa primeira exposición tivo lugar cando contaba tan só 19 anos, e dispúxose nos soportais do actual edificio do Concello de Redondela, compartindo espazos con outros dous coñecidos do pobo, Xesteira e Olgile (Olimpio Giráldez Lera). Repetiu exposición con estes dous artistas novamente 30 anos despois, en locais da Casa da Cultura e agarda poder repetir de novo con eles cando se cumpran novamente outros 30 anos. Ademais, expuxo as súas obras en varias ocasións máis en Redondela, tanto na Casa da Cultura como en ambas salas do multiusos dá Xunqueira, onde hoxe son de novo acollidas.


Os seus cadros de inspiración realista, tanto a óleo como ultimamente a acuarela, inclúen variadas temáticas e motivos. Así atopamos figurativo, paisaxes, paisaxe urbana, pop art, mariñas, bodegón, naturezas de varios tipos e algún que outro retrato.


Tamén pintou copias de obras famosas, por exemplo a obra titulada "Camiño de Sevres" do autor Jean Baptiste Camille Corot, (Francia 1796), que pasou aos anais da historia tras o seu roubo das salas do museo parisiense do Louvre en 1998 e cuxo valor se estimaba en 200 millóns das antigas pesetas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: