www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O Instituto de Chapela celebra o Día da Ciencia en Galego cunha feira científica
Sociedade • 8/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

"Non é maxia... é ciencia" é o nome da exposición que se pode visitar no vestíbulo do Instituto os días 8 e 9 de novembro durante os recreos da mañá. En total son quince experimentos científicos que serán explicados polo alumnado do centro. Con esta actividade quérese celebrar o día da Ciencia en Galego, data escollida polas asociacións de profesorado de ciencias para mostrarlle á sociedade a variedade e riqueza da investigación científica que se realiza empregando a nosa lingua e que se conmemora o 4 de novembro.


Ao redor desta data o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos da área de Ciencias do IES de Chapela organizan dúas actividades: a feira científica "non é maxia... é ciencia" que recolle experiencias sorprendentes que contan cunha explicación científica relacionada coa Física, a Química, as Matemáticas, a Tecnoloxía, a Música, a Bioloxía ou a Xeoloxía. A explicación será dada por alumnado voluntario da ESO e Bacharelato que xa leva semanas preparando os experimentos co profesorado da área de ciencias.


Unha conmemoración que incluíu tamén a conferencia "Nanotecnoloxía aplicada á medicina".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: