www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O autor dun roubo frustrado no local La Barraca, en liberdade por enfermidade
Sucesos • 9/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os feitos tiveron lugar o pasado 1 de xuño cando os clientes do bar frustraban o atraco logo de que o individuo entrada no local da Praza da Constitución armado con dous coitelos e ameazara á camareira esixíndolle que lle dera os cartos da caixa. O atracador, un veciño de Vigo de 55 anos de idade, non logrou o seu obxectivo ao ser reducido por tres clientes que lograron intercéptalo ao saír do local. Agora o xuíz decretou a súa liberdade por padecer unha enfermidade moi grave.


O atracador, Ramon A.T. era xulgado onte e aceptaba a pena de dous anos, un mes e 15 días de prisión. Sen embargo concedéullese a suspensión extraordinaria en base a súa situación médica por padecer unha "enfermidade moi grave".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: