www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

Unha ruta do terror reúne a 300 persoas en Nespereira
Cultura • 10/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Samaín resístese a abandonarnos e este sábado o seu espírito regresará a bisbarra. Concretamente á parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén onde se celebra a III ruta nocturna do terror que contará coa participación de 300 persoas. O éxito da proposta obrigou aos organizadores a pechar o prazo de inscrición antes do previsto ao esgotarse as prazas existentes.


Grandes e pequenos están inscritos a esta actividade que arrancará nos montes de Nespereira ás 21:00 horas do sábado. Será noite pechada coando os participantes deberán enfrontarse a unha ruta de cinco quilómetros na que o medo está garantido: meigas, santa compaña e outros espectáculos irán aparecéndolle aos intrépidos participantes ao longo do percorrido ao tempo que deberán superar diferentes probas.


Unha actividade organizada por Alecrín Aventura e a Asociación Cultural Nespereira que esgotou as prazas  rapidamente e que leva aos seus promotores a estudar a posibilidade de realizar propostas semellantes noutra época do ano.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: