www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O concello oferta 165 prazas dentro do programa de conciliación de Nadal
Sociedade • 12/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Este programa desenvolverase nun total de 10 parroquias do concello e poden acceder a el nenos e nenas que teñan entre 4 e 14 anos de idade e que se inscriban antes do 24 de novembro. Co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar desenvolverase no período non lectivo do Nadal, durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018, en horario 9 da mañá a 2 da tarde.

 


A Concellería de Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, organiza o Pograma Municipal de Conciliación 2017-Convocatoria de Nadal, que ten coma obxectivo "promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Nadal e, ao mesmo tempo,ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións".
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para nenas e nenos de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de, como mínimo, 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual.
O Programa desenvolverase durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018, en horario 9 da mañá a 2 da tarde, nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, O Viso, Saxamonde, Ventosela, Vilar de Infesta e nos Multiúsos de Redondela e Chapela.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación, que se pode descargar da páxina web do Concello- www.redondela.gal- ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, día 13 de novembro, e remata o venres 24.
A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 15 de decembro na web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.Para máis información, as persoas que o desexen poden dirixirse ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, número 2, ou chamar ao teléfono 986 40 80 43.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: