www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017

O Campito F.S cae ante o líder, o Ourense
Deporte • 13/11/2017
Autor: Lorena Otero

Malia todo os xogadores do Campito F.S conseguiron resistir e facer un bo partido ante o conxunto máis forte da Terceira División. Un encontro que remataba cun resultado de cero a dous e que deixa aos locais no décimo posto con doce puntos. A próxima xornada visitarán o campo do Casas, un conxunto, a priori, máis asequible xa que son terceiros pola cola. Vitoria, pola contra, para o Pazos, que vencía na casa fronte ao seu rival directo o Estrada, por seis a catro.


Puntos que lle permiten distanciarse en dous puntos deste conxunto e situarse na cuarta posición, tan só por detrás do Ourense, Talleres ABC, segundo, e o Culleredo que se sitúa na terceira posición. A próxima semana non o terán nada sinxelo xa que visitan a casa do segundo.


Na Autonómica Sur, resultados desiguais para os dous representantes locais. O Redondela impúñase por seis a catro ao Quinta de Tui. Malia todo continúan afundidos na parte baixa da clasificación. Son penúltimos con catro puntos. Este domingo perderon na casa por cero a dous fronte ao Verinsala e a próxima semana terán diante a un dos grupos máis fortes da tempada, visitan o campo do segundo da Autonómica Sur, o Lume. Peor sorte correron esta xornada os xogadores do Arealonga, que non son quen de darlle a volta a mala racha que están a vivir e que os sitúa como pechacancelas do grupo. A próxima xornada visitan o campo doutro conxunto que tampouco está a ter moita sorte esta tempada, o Valladares que é terceiro pola cola.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: