www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Os redondeláns Roberto Samartín e Carlos Pazos-Justo presentan os seus libros no Multiúsos
Cultura • 29/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo Alén Nós organiza esta venres ás 19:00 horas no Multiúsos a presentación dos libros "A Imagem da Galiza en Portugal" de Carlos Pazos-Justo e "Mudança política e sistemas culturais em transiçom" de Roberto Samartim.


Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Roberto Samartim presenta un traballo no que aborda o funcionamento do sistema cultural galego no cambio do franquismo para a réxime autonómico.


Pola súa banda Carlos Pazos-Justo, formado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, e Profesor do Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho presentará o seu libro A Imagem da Galiza en Portugal no que analizar cal é a visión que os portugueses teñen dos seus veciños do norte.


Durante a mañá, ambos os investigadores presentarán os seus traballos ao alumnado do IES de Chapela (ás 10:30) e do IES Mendiño (a partir das 13h). En ambos casos será o alumnado de Bacharelato o que recibirá as súas achegas que, segundo o profesorado organizador, lles será de bo proveito no seu proceso formativo en xeral e, en particular, nos exames da selectividade aos que terán que enfrontarse en breve.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: