www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

O Concello acomete a recuperación do tramo final da senda do Maceiras
Institucional • 29/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A actuación ten un custe de 57.000 euros e afectará a un tramo de 300 metros. Unha vez realizada a obra, que está previsto arranque en 15 días e que ten un prazo de execución de dous meses, darase por concluída a senda peonil polo Maceiras que permite percorrer o río dende a zona do Salgueiral ata a Ponte de Lemos en Cedeira (nas inmediacións do restaurante Lemos).


Os veciños xa poden facer uso deste trazado aínda que será con esta actuación cando se dea por rematada a obra de recuperación ambiental e posta en valor do río Maceiras. A actuación, que conta cun investimento de 57.000 euros segundo explica o Concelleiro de medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, supón o acondicionamento da marxe da canle fluvial e suporá a mellora deste paseo para permitir a mobilidade dos veciños de Cedeira e Negros que poderán achegarse andando ata o casco urbano e evitando  a estrada N-555.


Ademais de compactarse a terra tamén se construirán diferentes reforzos en pedra con muros de contención en varios puntos para evitar o asolagamento do paseo en épocas de crecida.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: