www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Actividades medio ambientais en Cesantes e Soutoxuste
Sociedade • 30/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería organiza este sábado e domingo dúas actividades que perseguen concienciar sobre a importancia do noso litoral con visitas ao sistema dunar de Cesantes e unha saída fotográfica que permitirá coñecer a riqueza paixasística e de fauna na zona de Soutoxuste, As actividades son de balde e están abertas a toda a cidadanía que pode anotarse chamando ao Concello no número 986400300, enviando un Whatssap ao 698142025 ou mediante correo electrónico á dirección: medioambiente@redondela.gal. As prazas son limitadas.


A primeira das citas será unha saída dende o porto de Cesantes o sábado día 2 ás 10:30 h ata 13:30h. Estará orientada a coñecer e comprender o funcionamento dun sistema dunar e as súas repercusións ambientais. Falarase das pradeiras de Posidonia e fomentarase a concienciación de protexer estes ecosistemas tan ameazados pola contaminación nas zonas costeiras. Contarase coa colaboración de Faia Educación Ambiental.


A segunda actividade, domingo día 3 de 10:30 h ata 13:30h, consistirá nunha saída fotográfica de aves e natureza que se desenvolverá na enseada de san Simón e Soutoxuste. Contará cunha parte teórica e outra práctica. O punto de encontro será no multiúsos da Xunqueira. O obxectivo é o recoñecemento de especies por medio da fotografía no entorno dun espazo natural protexido polas figuras ZEC (Zona de Especial Conservación) e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Será preciso levar cámara fotográfica. Contarase coa colaboración de Ecotono.


Para tódalas actividades se recomenda levar un calzado cómodo e apto para zonas húmidas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: