www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

A Asociación Froles Mareliñas organiza obradoiros de Nadal durante o mes de decembro
Sociedade • 30/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As actividades previstas están orientadas a público adulto e infantil con obradoiros de cociña, decoración e maxia. As persoas interesadas pódense inscribir no facebook da entidade ou no enderezo electrónico frolesmarelinas@hotmail.com.


O mes arrancará cun obradoiro de cociña para adultos que leva por nome "canapés de Nadal" e que impartirá a cociñeira Luz Rodríguez Cerdeira. Está previsto que arranque o luns día 4 ás 17:30 horas e ten un prezo de 15 euros. Esta experta en cociña será tamén a encargada de dirixir outro obradoiro de cociña para nenos nas vacacións de Nadal, no que os pequenos aprenderán a elaborar sinxelos pratos de cociña e sobremesas típicas desta época. O prezo será de 20 euros.


E para decorar o Nadal Grana y Verce impartirán un obradoiro de decoración para poñer elegantes as mesas e as casas. Arrancará tamén na vindeira semana e ten un prezo de 12 euros. E os sábados pola tarde haberá a posibilidade de aprender a facer centro de Nadal.


E a finais de mes terá lugar a xa tradicional cata de viños, impartida por Mercedes González Rodríguez.


As actividades realizaranse dependendo do número de inscritos polo que dende a Asociación animan aos veciños a apuntarse canto antes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: