www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Neve artificial, música e luces para dar a benvida ao Nadal
Cultura • 1/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello acende hoxe o seu alumeado de Nadal nun acto que terá dos escenarios diferentes. A primeira das citas será na Alameda de Chapela ás 19:00 horas e a partir das 21:15 horas a actividade desprázase á praza do concello. Como xa acontecerá o ano pasado haberá neve artificial, polo que se recomenda levar roupa de auga ou mude, e os mais pequenos poderán achegarse a coca Simona quen repartirá agasallos entre os asistentes.


En Chapela o acto do acendido contará coa animación musical do Ensemble Escola Música mentres que en Redondela a música soará da man do Coro e a Big Band do Conservatorio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: