www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

A oposición insta ao PP a repoñer a exposición censurada do Colectivo Republicano
Política • 1/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Unanimidade da oposición á hora de apoiar a moción presentada polo Colectivo Republicano na que se reclama a reposición da exposición "Criminalización do pensamento" que fora retirada do Multiúsos da Xunqueira dous meses atrás cando levaba tan só unha horas nese espazo. Unha decisión que a oposición cualificou de "atentado contra a liberdade de expresión" mentres no PP defenden como xeito de garantir a convivencia pacífica en Redondela. Na moción ,que saíu aprobada na súa totalidade, tamén se demanda a dimisión do alcalde, Javier Bas, da tenente de alcalde, Mª Carmen Amoedo e a reprobación da edil de cultura Teresa París.


Os grupos da oposición amosaron un posicionamento común ao entender que a decisión do PP ao retirar dita exposición supón un atentado á liberdade de expresión. Algo que para o nacionalista Xoán Carlos González "é unha peaxe que os veciños temos que pagar por ter ao PP no goberno, que ten unha ideoloxía e actúa en base a ela".


Unha exposición conformada por fotografías das cargas policiais nas manifestación de Regojo, recortes de prensa sobre os últimos fusilados do franquismo ou outras máis actuais como a represión policial en manifestación contra Irak ou do 15M.


Imaxes que segundo explicaba AER pertence a nosa historia e que "membros do goberno e da policía queren ocultar, nunha censura acorde a tempos pasados".


Dende o PSOE insistían na falta de criterio por parte do goberno á hora de retirar a mostra "con catro explicacións diferentes para esta actuación" e ironizaba sobre a decisión do PP de Redondela de censurar esta exposición "cando en Santiago veñen de aplaudir outra na que aparecen tamén imaxes de cargas policiais pero que está organizada por La Voz".


Unha vez máis a voceira do PP aseguraba que a decisión de retirar a mostra era unicamente do goberno e non respondía ao mandato de ningún órgano policial. Engadía que se decidiu para garantir a convivencia pacífica no concello. Fixo alusión tamén a polémica frase aparecida na exposición "seguen a mallar en nós" asegurando que "a policía non malla na xente. A policía mantén a orde en base a un estado de dereito".


Unha moción que chegaba a pleno precedida dunha concentración que se producía na Praza do Concello e na que participaban un cento de veciños en defensa da liberdade de expresión.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: