www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Concentración contra a violencia de xénero
Institucional • 4/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellaría de Muller e Igualdade convoca hoxe a concentración mensual contra a violencia de xénero ás 19:30 horas ás portas da Casa Consistorial. O acto terá lugar ás 19:30 horas e ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.


O acto, que se desenvolverá hoxe luns 4 de decembro na praza do Concello ás 19:30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, da Asociación de veciños de Negros. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: