www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Exposición bibliográfica da poeta madrileña Gloria Fuertes
Cultura • 4/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle ata o próximo 10 de xaneiro de 2018 unha exposición bibliográfica  da poeta madrileña Gloria Fuertes, impulsada con motivo do centenario do seu nacemento  en 1917. A mostra  recolle unha variada representación de libros da autora e de obras adicadas á mesma,  con especial presenza das que se publicaron neste 2017 con motivo da devandita conmemoración.


Nórdica Libros, Blackie Books, Susaeta ediciones e  Reservoir Books son algunhas das editoriais representadas en esta mostra bibliográfica. Esta actividade complementarase cun contacontos para nenos que terá lugar o próximo 22 de decembro na Biblioteca. Organizan as Bibliotecas Municipais de Redondela e Fundación Filomena Rivero Alonso


Como xa vos adiantamos, o discorrer ordinario do noso servizo vese alterado desde hai uns meses polo xa moi próximo cambio de sistema informático que imos experimentar nas bibliotecas municipais.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: