www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Festa de Nadal e acendido de luces en Soutomaior
Sociedade • 5/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Alameda de Talorío acolle hoxe martes a partir das 19:00 horas o tradicional acendido das luces do Nadal. Mais 50 arcos de luces así como adornos en distintos lugares do Concello (casa do Concello, Multiúsos, Monumento aos cociñeiros, etc) completados con motivos do Nadal en farois e árbores son a proposta luminosa do Concello de Soutomaior para as dúas parroquias : Arcade e Soutomaior.


Para amenizar a espera haberá unha festa infantil:  "A Bailar no Nadal". Trátase dun  espectáculo interactivo con animación musical, cancións cantadas en directo, cantaxogos, maxia, moneco xigante, explosións de confetti, panxoliñas, xogos, batalla de globos xigantes e un montón de sorpresas. 1 hora de espectáculo que rematará co acendido do alumeado de Nadal.


Os presentes, durante a festa infantil, poderanse apuntar ao sorteo que nomeará a un como o encargado de poñer en marcha a iluminación xunto co representante do Concello (máximo 10 años).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: