www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Detido un veciño de Ventosela tras agredir a unha muller cun sacho
Sucesos • 5/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O home, que foi detido pola Policía Local, golpeouna na cabeza causándolle varios traumatismo e contusións. A vítima, una muller de 57 anos, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro e posteriormente a Povisa, onde quedou ingresada. O detido permanece en dependencias da Policía Nacional.


Unha muller de Ventosela, S.C.C., de 57 anos, resultou ferida tras sufrir unha agresión cunha aixada e unha pedra por parte dun veciño, que lle golpeou na cabeza causándolle varios traumatismos e contusións. O suceso produciuse o domingo ás 18.50 horas cando a muller se atopaba na súa leira e o home achegouse a ela, e sen motivo, comezoulle a golpear ata deixala tirada no chan.


Os familiares acudiron a auxiliala e avisaron á Policía Local e a unha ambulancia, que trasladou á vítima primeiro ao hospital Cunqueiro onde lle trataron as feridas, e logo a Povisa, onde permanece ingresada. O agresor foi detido pola patrulla policial e se atopa actualmetne en dependencias da Policía Nacinoal.


O concelleiro de interior explica que o agresor é unha persoa que xa protagonizou sucesos violentos no pasado "aínda que nunca destas características e tan graves".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: