www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017

Un informe cualifica de "pobre" o gasto social por habitante en Redondela con 37,99 euros ao ano
Institucional • 7/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de once municipios galegos teñen orzamentos que se poden cualificar como pobres ou mesmo precarios para afrontar situacións do seu departamento de servizos sociais, segundo un estudo da Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais.


A lista está confeccionada a partir dos datos facilitados polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que os recolle dos 384 concellos maiores de 20.000 habitantes do todo o territorio español que xa presentaron a liquidación do orzamento do ano 2016.


Así, o estudo realiza unha clasificación atendendo ao gasto acreditado en servizos sociais e promoción social por habitante, á variación interanual do mesmo e ao grao de transparencia con que se mostra aos cidadáns.


Se cualifica de "pobre" aqueles municipios que dedican un orzamento inferior ao 60% da media de gasto dos municipios con ese número de habitantes. É dicir, se a media é de 66,15 euros por habitante, os pobres son os que invisten menos de 39,69 por veciño, lugar no que se atopa Redondela con 37,99 euros por habitante e ano.


En concreto, son tres concellos da provincia de Pontevedra nesa clasificación. Trátase de Cangas, con 29,7 euros por habitante, Pontevedra. con 35,36 euros/habitante e Redondela. con 38 euros/habitante.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: