www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

O Grupo Casa Paco homenaxea ao Netos da Coca
Deporte • 29/12/2017
Autor: Ana Prieto

O Casa Paco quere renderlle unha homenaxe ao equipo de veteranos "Netos da Coca" polo seu 44 aniversario. Será cun partido que se vai celebrar mañá sábado entre este club e un equipo formado por ex xogadores do Casa Paco. A cita é ás 12.00 horas no campo Manuel Conde, en Santa Mariña.


O presidente do Casa Paco sinala que este equipo leva "máis de catro décadas levando o nome de Redondela polas competicións de veteranos". Actualmente militan na Primeira Galega de Veteranos, ocupan a terceira praza do grupo a tres puntos do líder, o Portonovo, e a dous do segundo, o Merendero. Na pasada campaña remataron como subcampións de Liga, Subcampións de Galicia e gañadores do Trofeo Concello de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: