www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

A Consellería de Medio Ambiente colaborará no financiamento do PXOM de Redondela
Institucional • 4/01/2018
Autor: Ana Prieto

Desde hai 30 anos Redondela regula o seu urbanismo a través dunhas normas subsidiarias. O goberno de Javier Bas pretende dotar ao Concello do seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal "o antes posible".


A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, e o alcalde de Redondela, Javier Bas Corugeira, mantiveron onte unha reunión de traballo para analizar a situación urbanística do municipio e, concretamente, os pasos dados co obxectivo de dotalo dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Neste sentido, Beatriz Mato Otero comprometeuse co rexedor a colaborar financeiramente na redacción do devandito plan. Tal e como se recolle nas ordes que regulan as axudas a entidades locais para formulación de plans urbanísticos, a achega económica da Xunta podería chegar ata o 80% do custo total do PXOM, ao tratarse Redondela dun concello de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Nestes momentos, o Concello de Redondela réxese por unhas normas subsidiarias aprobadas no ano 1987 polo que a intención do goberno local é dotar ao municipio o antes posible do seu primeiro plan xeral urbanístico, que sería un planeamento adaptado xa á Lei 2/2016 do Solo de Galicia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: