www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Concentración no colexio Igrexa en protesta pola apertura do terceiro carril da AP-9
Sociedade • 5/01/2018
Autor: Ana Prieto

A Asociación de Nais e Pais de alumnos do CEIP Igrexa convoca para o luns, día 8, unha concentración ás portas do centro para rexeitar a apertura ao tráfico da ampliación da autoestrada ao seu paso polo colexio. Esixen que o carril se peche á circulación ata que os alumnos sexan trasladados ao novo centro que se vai construir.


O inicio das clases despois das vacacións de Nadal seá reinvindicativo no CEIP Igrexa, de Chapela. Ás 8.30 horas da mañá están chamados a concentrarse ás portas do colexio as familias dos alumnos e os veciños da parroquia. A convocatoria faina a ANPA do centro como sinal de protesta pola apertura do terceiro carril da AP-9 ao seu paso por Chapela, tamén no tramo que queda "pegado" ao centro de ensino. A secretaria da Anpa, Mónica Montes, explica que hai "moita preocupación" entre as familias, ao entender que o muro de contención construido por Audasa para protexer as instalacións dun posible accidente "non é garantía suficiente". O seu obxectivo é que se peche ese carril á circulación e se empregue só como vía de acceso "balizando o resto do tramo" tal como estaba antes da inauguración das obras o pasado día 30 de decembro.


Comisión de Seguemento


Pola súa banda a Agrupación de Electores de Redondela continúa á espera dunha resposta por parte do alcalde, Javier Bas, á súa solicitude de convocar a Comisión de Seguemento das obras "con carácter de urxencia". AER solicitou por rexistro no Concello que a xuntanza se realizase esta mesma semana, antes do inicio das clases.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: