www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Xaneiro de 2018

O "Hey Jude" de Los Beatles a ritmo de Rondalla
Sociedade • 8/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A rondalla Santa Eulalia de Mos volvía sorprender aos veciños na mañá do sábado coa súa interpretación de temas populares a ritmo de pandeireta. Se o ano pasado era cunha versión do mítico grupo AC/DC, nesta 2018 arrancaron a ritmo de Los Beatles. O son da banda de Liverpool deixábase escoitar nas rúa de Redondela e era incluso coreada polos veciños que nesa mañá do día 6 se congregan na vila para gozar das rondallas e ranchos de reis e achegarse a unha das feiras máis multitudinarias do ano.


Accidentada noite de cacabalgata cunhas carrozas que foron moito máis rápidas do habitual ante a amenza de chuvia, non así o mañá de rondallas que se vivía o sábado e onde o sol foi protagonista. Así, as agrupación de Pontellas, Beade, Ponteareas, a Freixa de Valadares, Santiaguiño de Guizán e a de parada acompañadas da sempre innovadora e sorprendente rondalla de Santa Eulalia de Mos poñían ritmo a unha mañá de Reis marcada na nosa vila pola celebración da feira. Tamén tradicionais cantos de reis a cargo do grupo do Viso, Airiños da Peneda.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: