www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Julio Alonso fala da xoia das cantigas de amigo da literatura medieval, o Pergameo Vindel
Cultura • 8/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O profesor do departamento de musicoloxía do Conservatorio Superior de Vigo, Julio Alonso Monteagudo é o primeiro convidado do ano da Asociación de Amigos das Bibliotecas municipais de Redondela. Nun acto que se celebra o venres 12 de xaneiro ás 20:30 horas na Casa Da cultura descubrirá aos asistentes o Pergameo Vindel, a xoia das cantigas de amigo da literatura medieval galaicoportuguesa.


O Pergameo Vindel (século XIII) é a única mostra musicada que se conserva do cancioneiro profano galaicoportugués da Idade Media xunto co Pergamiño Sharrer, que recolle outras sete composicións de Don Dinis, rei de Portugal.


O manuscrito coas sete cancións compostas polo trobador Martín Códax pódese visitar no Museo do Mar de Vigo ata o vindeiro mes de marzo. Da súa relevancia falará este venres o profesos de musicoloxía Julio Alonso.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: