www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Actuación do grupo de música tradicional Tr3sporc4tro
Cultura • 12/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo día 14 ás 20:00 horas a actuación do grupo de música tradicional revisada, Tr3sporc4tro. Un concerto no que Carlos do Viso, Paco da Fonte e Vento presentan o seu último traballo composto por doce títulos  como O Corno, Pasodoble da auga, Jota para Ishtar ou O Pano de namorar. As entradas están á venda no Multiúsos a un prezo de 3 euros.


O grupo, composto polos músicos Carlos do Viso (Mandola, pandeireta e voz) Vento (Acordeón e voz) e Paco da Fonte (Gaita e voz), preséntanos un traballo que se compón de doce títulos, compostos por Paco da Fonte e Músicas de Ultramar, "que nos levan nunha viaxe cara á alegría, a festa e a celebración, pasando polo baile e a tradición cunha ire espontáneo e novo que sorprenderá".


Músicos xa de traxectoria en Redondela e terras próximas contan neste traballo coa colaboración doutros músicos como Bernardo Lago (Harmónica) e Alberto López (percusión).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: