www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Vinculan os atrasos na construción da rotonda dos Valos aos beneficios do radar ubicado nese punto
Política • 17/01/2018
Autor: M. X. Queimaliños

Dende hai anos os veciños da zona e partidos políticos veñen denunciando o perigo que supón tanto circular como cruzar a estrada neste punto da N-550 na que conflúen as estradas a Porriño, Pazos de Borbén e o Aeroporto. Por este motivo, en numerosas ocasións tense reclamado a Fomento a construción dunha rotonda que serviría para incrementar a seguridade vial. Dende o PSOE vinculan a falta de actuación nesa vía "ao afán recadatorio que sitúa o radar ubicado no Alto dos Valos como o máis beneficioso de Galicia" e critican que dende o goberno local "non se teña feito ningunha petición orzamentaria" ao goberno do estado neste sentido.


Os socialistas redondeláns lembran que dende hai máis de catro anos levan facendo varias achegas de forma reiterada aos orzamentos do estado sendo unha das que se repiten, ano tras ano, a construción dunha rotonda no Alto de Os Valos sita na N-550 "punto negro" dos viarios da zona que fai que moitos veciños para poder saír das súas casas poña en risco a súa integridade nun "caótico" cruce.


Para os socialistas "a negativa durante anos do PP ante a petición da construción dunha rotonda no alto de Os Valos non se debe a un motivo técnico polo espazo, senón a un afán recaudatorio que sitúa o diñeiro por enriba da seguridade das persoas" en referencia aos datos que apuntan a que o radar situado nese lugar é o que máis recada de Galicia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: