www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Prohibido o baño nos areais de Arealonga e Cabanas á espera de novas análises da auga
Sucesos • 4/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Concelleiro de Medio Ambiente Carlos Pazos reitera a necesidade de retirar do litoral empresas como Aucosa, responsable do vertido de fuel á ría segundo a información de Augas de Galicia. E empresa conserveira enfróntase a unha multa de 450.000 euros


O edil de Medio Ambiente de Redondela, Carlos Pazos móstrase prudente sobre a posible autoría do vertido á espera de que se confirme o anunciado por Augas de Galicia quen xa onte responsabilizaba do mesmo á empresa conserveira Aucosa. Con todo, lembra que dende o Concello sempre se mostraron en contra de que se lle concedese a esta factoría a Autorización Medioambiental para desenvolver a súa actividade no litoral. Pazos argumenta que este tipo de empresas non necesitan estar afincadas na beiramar para desenvolver a súa actividade industrial polo que dende o departamento que dirixe reclama que sexan desprazadas terra adentro. Responsabilizan á Consellería por ter outorgado a Aucosa a autorización que lles permite continuar traballando preto da costa.


O edil lembrou ademais que se mantén a prohibición no baño en Chapela á espera de que se realicen novas análises das augas que permitan reabrir á praia de Arealonga, que polo de agora manterá izada a bandeira vermella.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: