www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O PSOE pon un autobús para acudir á manifestación na defensa da sanidade pública
Política • 1/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

As prazas do autobús son limitadas polo que cómpre a reserva telefónica a través dos teléfonos  650711201 ou 629152155. A manifestación terá lugar este domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela ás 12:00 horas e está convocada por SOS Sanidade Pública  para rexeitar a nova lei de saúde de Galicia, así como os recortes e privatizacións na sanidade galega.


A Plataforma convocante, integrada por profesionais da saúde convocan esta manifestación en contra da nova lei que entenden dificulta o acceso a sanidade nas zonas máis rurais debido ao desmantelamento dos hospitais comarcais, merma a atención e prevención próxima nos centros de Atención Primaria e privatiza a innovación sanitaria...


Por todos estes motivos, a Agrupación Socialista de Redondela poñerá a disposición e de forma gratuíta un autobús que sairá as dez da mañá do domingo dende a Farola de Redondela con regreso unha vez remate a manifestación. Para poder asistir será imprescindible a reserva a través do teléfono 650711201 ou 629152155 debido ao número limitado de prazas, quedando ata esgotar prazas ou como data límite de reserva o venres 2 de febreiro.


Aseguran os socialistas que se ven "na obriga ética de poñer un autobús a disposición dos nosos veciños e veciñas para que toda a cidadanía que queira poda asistir a defender os seus dereitos, os de todos" e critican que dende o concello non se adopte esta iniciativa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: