www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Escolares de Arcade vivirán unha xornada de pesca cos mariñeiros
Sociedade • 7/06/2010
Autor: Ana Prieto

Alumnos do Colexio Manuel Padín Truiteiro realizan mañá martes unha saída didáctica para facerse ó mar cos mariñeiros da Asociación de Naseiros de Arcade. Unha experiencia única para coñecer como se pesca a anguía e ata levar algún exemplar para a casa.


Os alumnos do Colexio Manuel Padín Truiteiro, de Arcade, vivirán mañá martes unha xornada escola moi especial. Rapaces e rapazas realizarán unha saída didáctica cos mariñeiros da Asociación de Naseiros de Arcade, e coñecerán de primeira man como é o traballo no mar faenando á anguía na enseada de San Simón. Antonio Álvarez, presidente dos naseiros, explica que a asociación leva anos organizando este tipo de actividades con centros de ensino de toda Galicia, e cualifica a iniciativa como "moi positiva". Para os rapaces "é unha experiencia única", e os máis atrevidos "ata se atreven a pescar". Os alumnos visitarán tamén as piscinas de almacenamento de anguías do peirao de Arcade, e outras dependencias do porto. Ademais, esta experiencia serviralles tamén para facer un traballo sobre a pesca da anguía co que poderán participar nun concurso que se celebra co gallo da Festa da Anguía, no mes de xullo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: