www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Campaña de Paxaretas contra o sexismo nos disfraces
Sociedade • 9/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A recén creada Asemblea Feminista Paxaretas de Redondela vén de poñer en marcha a súa primeira campaña co gallo da celebración do Entroido, unha iniciativa que busca denunciar o sexismo e a hipersexualización dos disfraces que se ofertan para mulleres e nenas. Unha campaña nas redes sociais que convida a rachar cos estereotipos.


A través de diferentes imaxes nas que se recollen disfraces femininos poñen o acento nos dirixidos particularmente a nenas de 0 a 12 anos "disfraces sexis infantís" que "explotan a sexualidade das nenas favorecendo a cosificación e a súa representación como obxecto de consumo".


Unha publicidade e uns disfraces que perpetúan a desigualdade entre homes e mulleres motivo polo que convidan a todos e todas a rachas con eses estereotipos de xénero que discriminan a muller.


Denuncian ademais que se empregue o corpo da muller para vender amosando mulleres practicamente espidas "uns disfraces que teñen como prioridade a sexualización e exposición dos nosos corpos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: