www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

O Concello suspende a Queima do Meco que se despraza ao domingo xunto coas comparsas
Cultura • 13/02/2018
Autor: M. X. Queimaliños

A Concelleira de eventos, Angela Antón, lamenta ter que suspender as actividades previstas para este Martes de Entroido pero os prognósticos de Meteogalicia non deixen outra opción "malia que pola tarde vai chover con menor intensidade a presenza de chuvia impide que poida saír a charanga e tamén que se poida celebrar o espectáculo da queima do meco". Ante esta situación optaron por desprazar todas esa programación ao domingo 18.




As actividades previstas para a tarde de hoxe terán lugar na tarde do vindeiro domingo. Unha xornada intensa na que se celebrará tanto o desfile de comparsas, cuxa data de celebración tamén se modificou por mor do tempo. Así, as comparsas participantes sairán ás 11:30 dende o Campo da feira para percorrer o casco urbano de Redondela e, xa pola tarde, os cativos terán a súa festa na Praza da Constitución. Será a partir das 16:30 con animación infantil, elaboración de máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes e globoflexia, ata a tradicional Queima do Meco. Un espectáculo que unha vez máis correrá a cargo do grupo Troula Animación  coa representación de SubUmbra, no que os zancudos estarán acompañados de catro personaxes manexando a pirotecnia aos son da música dun percusionista. Previamente, o sábado 17 celebrarse en Chapela o enterro do berete.


E hoxe martes a festa continúa, cos eses grupos de xente que se refuxian nos bares e nas carpas para gozar do Entroido malia as fortes precipitacións que nos están a acompañar dende a mañá.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: