www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Escaso seguimento da folga entre os funcionarios do concello de Redondela
Institucional • 8/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A maior parte dos traballadores da administración local en Redondela acudiron hoxe ao seu posto de traballo. O paro convocado polos sindicatos contra a rebaixa dun 5% de media no salario dos funcionarios non contou co apoio dos empregados do Concello 


O paro dos empregados públicos convocado polos sindicatos contra a baixa salarial decretada polo goberno, e que supón unha rebaixa de media dun 5%, tivo escaso seguimento na administración local. Así o confirmaban a primeira hora da mañá traballadores do Concello quen afirmaban que maioritariamente os empregados da administración local decidiron acudir ao traballo e non seguir o chamamento feito dende os sindicatos CIG, UXT e Comisións.Así o explicaba tamén o delegado sindical de UXT no concello de Redondela, Fernando Covelo, que entende que o pouco apoio á folga responde a que non existe compromiso sindical entre os traballadores.


Unha situación no concello de Redondela que se repetiu noutras administracións locais. O sindicato CIG fala dun seguimento desigual do paro mentres que CCOO e UXT situación en torno ao 60% o seguimento da folga nas primeiras horas no sector público galego.


Mentres dende o goberno redúcese este seguimento a tan só un 15%

Comentarios
Cidadán
Xoves 10 de Xuño de 2010 ás 21:01 horas
Polo que se sabe dende fora históricamente os representantes das organizacións sindicais representadas no Comité de Empresa do Concello non están facendo un bo traballo en casos ao motivar a súa participación sindical na defensa de intereses persoais e en casos de agradar ao patrón ou por afinidade política ca organización política do Patrónóns que provoca en parte a desmotivación de traballadores afiliados ou non a organizacións sindicais. Por outra banda non sobraba ter convocado unha asemblea previa de todos os traballadores poñendoos o día do que está aocntecendo e do moito que nos xogamos todos ademáis de levar acabo unha lavor d eocncienciación incluso o mesmo día da folga previa a entrada no posto de traballo. Aos que non foron á folga desexarlles que ogalla sexan os máis ricos do cemiterio´e que se fagan conscientes que están cabando a súa propia fosa maila dos seus compañeiros traballadores. Por outra banda os traballadores e veciños que acudiron ao Concello estando convocada a folga tan pouco están contribuindo a luita colectiva.
FUNCIONARIO DEL PSOE
Xoves 10 de Xuño de 2010 ás 13:14 horas
OS FUNCIONARIOS DO CONCELLO LE DEVEN DE BAIXA UN 16% DO SEU SOLDO
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: