www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 26 de Agosto de 2019

Aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán do Concello de Soutomaior
Institucional • 9/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

As Concellerías de Cultura, deportes e xuventude suman esforzos nesta décima edición na que teñen previsto desenvolver actividades tales como vela, guitarra, obradoiros variados ou xornadas de convivencia.


Os interesados en participar, rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 3 e seis anos de idade empadroados no concello, deberán inscribirse antas do día 21 deste mes de xuño no pavillón de deportes, na biblioteca ou no Multiusos de Arcade.


As actividades desenvolveranse entre os día 5 e 31 do vindeiro mes de xullo e nas mesmas inclúense unha acampada na que participarán conxuntamente os cativos e os seus proxenitores os días 23, 24 e 25 do vindeiro mes. O custe é de dez euros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: