www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O relato "Vodka, on the rocks" gañador do certame literario Os Viadutos
Cultura • 10/06/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A coruñesa Silvia Álvarez faise así co primeiro premio do certame dotado con 1.200 euros. o segundo clasificado foi o cangués Darío Portela co seu relato "Os cans".


A coruñesa Silvia Álvarez Baamonde, de 21 anos, coa súa obra "Vodka, on The rocks", foi a gañadora da decimo primeira edición do Certame Literario Os Viaductos organizado pola concellería de Xuventude.


No certame, que está dotado con dous premios de 1.200€ e 600€ e a publicación das obras, acadou o segundo premio o veciño de Darbo-Cangas, Darío Portela Núñez, de 31 anos, co seu relato "Os cans".


Ao concurso presentáronse un total de 56 obras, algunhas procedentes de diversos países europeos.


A organización do certame acordou ademais a concesión de dous accésits para as obras "Pingas da vida", de Helia Mariño Méndez, e "A fin do mundo", de Paula Rodríguez Fraga, que serán publicadas xunto coas gañadoras

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: